martes, 18 de septiembre de 2007

Xa estamos tod@s

Pois sí... por fin estamos tod@s no cole. Só faltabamos nós, os nen@s de 3 anos, que nos incorporamos pouco a pouco para non "asustarnos" todos de golpe. Nestes primeiros días aínda estamos pouco tempo, porque temos que adaptarnos a estar sen papá e mamá. ¡Pero a verdade é que o levamos moi ben! Ó chegar, xogamos un pouquiño, logo cantamos, xogamos todos xuntos a algún xogo, merendamos e saímos ó xardín cos nosos compañeir@s de 4 e 5 anos.
Esta mañá tivemos unha visita moi importante: o pingüino Marcelino chegou á nosa clase e quere quedar este ano connosco. ¡Seguro que nos axudará en moitas cousas e pasarémolo moi ben con el! Xa iremos poñendo por aquí algunha foto.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails